- Developer: Compania de Radio/Television de Galicia
- Release Date: 2019-02-03
- Supports: Family Sharing
- Languages: English
- Compatibility: Requires iOS 7.0 or later. Compatible with iPhone, iPad, and iPod touch.
## Description
Aprende e divirtete no mundo de Tutu e os seus amigos. Coñece a Fante, Rafa, Nina, Vella e Tupa! Xoga con eles mentres descobres as cores, os numeros e moitas cousas mais.
TUTU axuda a desenvolve-las capacidades dos mais pequenos da casa. O programa de aprendizaxe deseñado polo equipo de educadores esta baseado nos estudios de Jean Piaget, Psicologia Evolutiva e Howard Gardner, Teoria das intelixencias Multiples. Os xogos estan orientados o estado preconceptual, de 2 a 5 anos e divididos en catro bloques que potencian as capacidades dos peques. Se executan paralelamente as primeiras materias do plan de estudios da escola infantil, que promove o desenvolvimiento das intelixencias multiples.
O REDIL: Primeiras accions sobre obxectos e coleccion, fomentando a construcion de relacions. Estimula o desenvolvimiento das capacidades loxico-matematicas actuando sobre conxuntos: agrupacion, distribucion, clasificacion, realizacion de correspondencias, discriminacion de atributos, resolucion de conflitos e relacions de pertenencia-non-pertenencia. A actividade e ademais unha introducion a cuantificacion e a coordinacion motora traballando sobre nocions basicas de orientacion (hacia, hasta, dende...)
OVELLAS: Iniciacion a cuantificacion de elementos, a sua asociacion, o coñecemento dos numeros, as suas grafias e o recoñecemento de magnitudes relativas os numeros elementais, facilitando as primeiras experiencias coas habilidades loxico-matematicas. Traballo con nocions elementais de orientacion espacial: poñendo en relacion obxectos, expresando a sua posicion con respecto o espazo con nocions topoloxicas basicas (preto, lonxe, dentro, fora) e a identificacion dos cores primarios
O AUTOBUS: Desenvolvemento da percepcion, o barrido visual do espazo e as capacidades cognitivas. Percepcion de semellanzas e diferenzas entre obxectos. Fomenta o uso da memoria e a sua posterior aplicacion a tarea.
WACK A MOLE: Estimulacion das capacidades motrices e a intelixencia corporal cinestesica. Manexo de actividades que requiren de rapidez, coordinacion oculo-manual, ubicacion de si mesmo e de otros obxectos no espazo.
TUTU e en definitiva un complemento ideal para a ensinanza infantil regrada ademais dunha ferramenta excepcional para a introducion a conceptos basicos que se traballaran posteriormente na aula. Os niveis estan deseñados coma os bits de intelixencia que se empregan habitualmente nas clases, con un coidado e colorido deseño tanto dos entornos coma dos personaxes.
Ven a xogar con TUTU!